AS CONTAS CLARAS: O PSOE NON MINTE, PUBLICA OS DATOS NA SÚA WEB
O Psoe de Ponteceso lamenta as declaracións do Alcalde naS que acusaba ó Psoe local de mentir sobre as facturas cuxos datos publicamos. Como se pode ver nas nosas notas de prensa, que sempre poñemos íntegramente na nosa web http://ponteceso.psdeg-psoe.org para que todo o mundo poida ver o que dicimos letra por letra, o Psoe limítase a transmitir ó pobo de Ponteceso o desglose das facturas tal como aparecen recollidas no Concello, cando nós lle pedimos esa información. Se o Alcalde da unha factura de teléfono de 575 euros sen especificar a qué móbiles se refire, nós non podemos sabelo, nin sabemos cántos móviles ten o concello nin por qué, porque o Alcalde non transmite esa información. De agora en diante, pediremos ó Alcalde que ofreza esa información desglosada por móbil e co nome da persoa que o utiliza. A diferencia do Grupo Socialista, que publica todo na súa web, o Alcalde négase a deixar grabar os plenos para publicalos en Youtube.
Nós entendemos que o Concello é un ente público, non unha empresa particular do Alcalde, e polo que estamos vendo en Ponteceso gástanse demasiado alegramente os cartos públicos. Según manifestacións do Alcalde no pleno, e como reflexa a factura, máis da metade dos cartos en desprazamentos (1300 euros en tres meses) corresponden ó Alcalde e o resto ó Tenente Alcalde (1100).
UNHA PLACA DE 980 EUROS E UN MONOLITO DE 2408 EUROS, EN PLENA CRISE
Unha das razóns que explica a mala fama dos políticos ven do mal uso dos fondos públicos. En Ponteceso estamos vivindo un episodio de monolitos, placas e billetes de avión pagados polos cidadáns de Ponteceso. Isto lévanos a pensar que o Alcalde está tentando condicionar o voto da diáspora nas próximas eleccións municipais, posto que sabe que hai un gran número de votantes de Ponteceso, en Uruguai.
Se non, non se explica o esaxerado desembolso de 980 euros nunha placa conmemorativa, a maiores do dos 2408 que custou o monolito e tres billetes de avión dun acto que non organizou o concello, senon unha asociación de Ponteceso.
Tampouco entendemos como un gasto necesario desembolsar 9800 euros para comprar dous panteóns no cemiterio de Anllóns. Se non se vendía unha furna solta para enterrar a unha persoa sen posibilidades económicas, con tres furnas que ten un panteón e 4400 euros, é máis que suficiente.
SUBVENCIÓNS ÁS ASOCIACIÓNS SÍ, REGALO DE BILLETES PERSOALMENTE POLO ALCALDE NON
Comprar billetes de avión a discrección do Alcalde, sen pasar polo pleno, soa a electoralismo coa emigración. Como fixemos ver no pleno municipal, a forma democrática de facelo é otorgar subvencións ás asociacións que veñen realizando un traballo social encomiable, previo paso polo pleno para votalo polos lexítimos representantes municipais. O outro é utilizar o diñeiro público para vender favores directamente e logo cobralos, como se fose un acto persoal, e non público.
OPOSICIÓN RESPONSABLE E TRANSPARENTE
O Psoe de Ponteceso entende o Concello como un ente público e considera esencial que os veciños/as saiban en qué se gastan os cartos. Os socialistas seguiremos coa nosa labor de oposición responsable e rigurosa, por iso imos seguir comunicando públicamente máis facturas do Alcalde de Ponteceso. Ademáis, o Psoe está recollendo datos nun estudio de cánto lle custa a cada cidadán de Ponteceso a xestión do seu Concello.
Entre o reparto discreccional de cartos, comidas e postos de traballo, o Alcalde está creando unha rede clientelar para perpetuarse na Alcaldía de Ponteceso, de tal forma que incluso Baltar palidece ante os favoritismos do Alcalde de Ponteceso.