31 de xullo de 2010

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PONTECESO

 


Home / O traballo do PsdG-Psoe de Ponteceso / Xuventude, Educación e Lecer / O PSOE de Ponteceso pediu no Parlamento

Xuventude, Educación e Lecer

O PSOE de Ponteceso pediu no Parlamento de Galicia a posta en valor da Fervenza. Un hotel de catro estrelas para abrir nas inmediacións e o Alcalde sen preparar o contorno en 16 anos de goberno.

Os videos da Fervenza xa están en internet, no canalponteceso .

 

01/02/2009

 

No PSOE queremos amañar o acceso dende a estrada vella á fervenza de Brixería-Cerezo contratando a persoas en paro de Ponteceso.  
Achegámonos á fervenza (coas beiras cheas de silvas e toxos), tiramos fotos, grabamos videos e subímolos a youtube no canalponteceso para que todos a coñezan. Temos que facer o que o PP no Concello non fai ¿para que cobran 165000 euros ao ano en soldos estes caciques se nin explotan o noso turismo?

Image

Non puidemos agardar unha semana máis para mostrarvos esta marabilla que nos traen dende Ponteceso. Foi o PSdG-PSOE de Ponteceso o que nos presentou a Fervenza da Brixería-Cerezo, un deses lugares máxicos metidos no corazón da natureza máis salvaxe.

Image 

Ata nos ofrecen un pequeno vídeo o grupo do PSdG sobre a Fervenza:

Como chegar

Podemos chegar polo lugar de Cerezo. Hai que saír da estrada de Corme no Couto ou da estrada de Malpica na curva de Lestimoño (500m. despois do campo de fútbol municipal). Seguimos a línea vermella en coche (mapa 1) logo seguir a liña amarela a pé (mapa 2), hai que facer un codo costa arriba para chegar ao muíño que está no pe da fervenza.

Image 

Máis informaciónImage

 

 

 

 

O primeiro fin de semana de Febreiro os medios abren con fotos da Fervenza do Ézaro, visitada por miles de turistas cada ano. Ponteceso tamén ten unha fervenza, pero está chea de silvas e sen sinalizar, cando hai un acceso estupendo na estrada de Ponteceso a Corme. O trazado da estrada nova bríndanos unha oportunidade única posto que deixou un tramo de asfalto libre da estrada vella que é perfecto para parking de buses e coches. O Psoe móvese por Ponteceso e difundirá esta e outras belezas naturais alá onde poda, xa que o Goberno local non fai nada. Aínda así, presentaremos unha moción no próximo pleno para que se habilite un acceso dende o mirador da estrada vella, cunha escaleira de madeira e promontorios para tomar fotografías.

 

Por iso creamos o Canalponteceso en Youtube que inclúe videos inéditos da Fervenza:

http://es.youtube.com/canalponteceso

 

Ver máis fotos na nosa galería.

 

Ver na prensa:

La Voz                    Que pasa na costa

 

Acceso á Fervenza de Brixería-Cerezo. 

 

Relacionado: O PP vota en contra da promoción turística de Ponteceso.

 

Ver nota de prensa, enviada aos medios.

 

A fervenza do Ézaro unha marabilla da natureza e está aberta só unhas horas, pero miles de persoas cada ano acoden a vela. Isto non sucede en Ponteceso: nós temos a que podería ser a fervenza máis próxima ao mar do mundo despois da do Èzaro, entre os lugares de Brixería e Cerezo, a tan só 2 kilómetros de Ponteceso. A beleza do lugar vese acrecentada pola existencia de ata dez muíños abandonados, que na nosa opinión debían ser restaurados. O muíño de abaixo, o mellor conservado, ten un tellado dende o que hai unha magnífica vista da fervenza.

 

 

 

Para nós o feito de que o Alcalde Fondo Aguiar non coñeza esta fervenza nin explote o seu potencial turístico é boa mostra do seu cansancio e o esgotamento do seu goberno tras máis de 15 anos de poder. A diferencia do PP que solo está para cobrar e facer unha política caciquil , dende o Psoe estamos a traballar continuamente polo progreso de Ponteceso. Por iso a nosa agrupación visitou onte esta fervenza, aínda que nos custou adentrarnos porque o acceso ás súas veiras están cheo de silvas e toxos. Aínda así, puidemos tirar moitas fotos que presentamos como primicia na nosa web www.ponteceso.psdeg-psoe.org

 

 

 

Dende aquí queremos anunciar que no vindeiro pleno presentaremos unha moción para que se acondicione o seu entorno, sinalizando o seu acceso dende o antigo mirador da estrada Ponteceso-Corme. Para isto aproveitaremos que a estrada vella deixou xusto a carón  da cabeceira da fervenza un tramo de “vía morta” de cincocentos metros de asfalto que pode ser pintado perfectamente para aparcadoiro de autobuses e coches. As choivas recentes permiten unha vista única da fervenza, por iso nesa moción solicitaremos ao Concello que, de xeito inmediato, leve a cabo estas dúas accións:

 

1.Contratar a parados do municipio para limpar de silvas e toxos un carreiro que zigzaguea montaña abaixo dende ese mirador ata onde acaba a fervenza, xa no lugar de Cerezo-Brixería.

 

2. Atar unha corda grosa a unha das grosas árbores de preto do mirador para que sirva de axuda temporal para subir e baixar polas beiras, namentras non se consegue que se instalen escaleiras de madeira e plataformas ou miradores.

 

 

 

Tamén solicitaremos nesa moción que, a medio prazo, o Concello pida axudas á Xunta e á Deputación da Coruña para acondicionar este espazo como é debido, pois podería ser un polo de atracción turística pola súa beleza e o seu doado acceso.

 

 

 

 

Agrupación Socialista de Ponteceso.

 

 

 

Fotos da fervenza, na galería da nosa web : http://www.ponteceso.psdeg-psoe.org/galeria.php?idgaleria=35

 

 

 

Arquivo Adxunto:

Descargar

Foto da Fervenza para Fondo de Escritorio

 

 

 

 

Qué lle parece que os nenos de Ponteceso teñan que ir a Cabana á piscina e á Biblioteca Municipal?

Ben, é algo normal.

Moi mal, Ponteceso debería ter Biblioteca Municipa

Moi mal, Ponteceso debería ter piscina e bibliotec


Hay 109 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE, Avda. Eduardo Pondal 51 2º, 15110, Ponteceso (A Coruña)
E-mail: ponteceso@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera